Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

I Ciclo de Formación en liña Web of Science (do 13 ao 15 de febreiro) (Biblioteca da Universidade de Vigo)

Biblioteca

07-02-2024 ata: 16-02-2024

Entre o 13 e o 15 de febreiro de 2024 terá lugar o I Ciclo de Formación en liña Web of Science (WOS), organizado por FECYT en colaboración con Clarivate. O ciclo consta de 3 sesións mensuais durante o primeiro semestre do ano, de 60 minutos de duración, dirixidas a estudantado, persoal investigador e persoal bibliotecario.

Sesións de febreiro

Martes 13 de febreiro de 14:00 a 15:00 horas
Mis primeros pasos con Web of Science (nivel básico). Inscrición

Mércores 14 de febreiro de 14:00 a 15:00 horas
Mis primeros pasos con Journal Citation Reports (nivel básico). Inscrición

Xoves 15 de febreiro de 14:00 a 15:00 horas
Las últimas novedades de Web of Science (nivel avanzado). Inscrición

As persoas inscritas recibirán un correo de confirmación das sesións nas que se apunten, cunha ligazón para a configuración do WebEx no seu equipo. Revise a carpeta de SPAM se non o recibe.

CERTIFICADO DE ASISTENCIA 

Para obter o certificado de asistencia será necesario responder, durante a xornada de formación, ao 100% dos cuestionarios que o personal formador lanzará durante as sesións. Posteriormente, enviarán unha enquisa de satisfacción e, ao cabo de tres semanas, recibirán no correo institucional o certificado de asistencia de todas as sesións ás que acudan.

As xornadas poderán consultarse, pasados uns días, na web de FECYT e acceder ao material de formación ao día seguinte da celebración da xornada.

Máis información sobre os cursos:

https://www.recursoscientificos.fecyt.es/noticias/i-ciclo-formaci%C3%B3n-online-web-science-13-15-de-febrero-de-2024

Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal

@saibuvigo