Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Nova convocatoria europea KA3_dixitalización, microcredencias. European Policy Experimentations

Información ao PDI

16-01-2024 ata: 16-01-2025

Estimado PDI:

A Axencia Executiva de Educación e Cultura (EACEA) acaba de publicar, no marco do Programa Erasmus+ 2024 (Acción Clave 3), a convocatoria de European Policy Experimentations, dispoñible na seguinte ligazón:

https://ec.europa.eu/info/funding-tenders/opportunities/docs/2021-2027/erasmus/wp-call/2024/call-fiche_erasmus-edu-2024-pol-exp_en.pdf

Esta convocatoria inclúe diferentes oportunidades de financiamento, destacando para as institucións de educación superior:

•             Topic 1. Dixitalización (atendendo ao Plan de Acción de Educación Dixital 2021-2027).

•             Topic 5. Micro-credenciais.

O prazo de presentación de proxectos finaliza o 4 de xuño de 2024.

A Comisión Europea celebrará unha sesión informativa en liña o próximo 6 de febreiro de 2024:

https://www.eacea.ec.europa.eu/news-events/events/online-info-session-european-policy-experimentations-2024-2024-02-06_en

No caso de ter a intención de presentar un proxecto no marco desta nova convocatoria, pode contactar coa Oficina de Proxectos Internacionais-Área de Educación no e-mail: dir.edu.opi@uvigo.gal

Esperamos que esta información resulte do seu interese. 

Un saúdo cordial,

Eva Garea Oya.

Directora de Área de Proxectos Internacionais Educativos.

Oficina de Proxectos Internacionais.

dir.edu.opi@uvigo.gal