Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Apertura de preinscrición no curso Office 365 básico. Unha forma de traballar
Formación de Profesorado
18-01-2024 ata: 09-02-2024Comunicámoslle que o xoves 18 de xaneiro ás 12 horas abrirase o prazo de preinscrición para o curso Office 365 básico. Unha forma de traballar do Programa de Formación Permanente do Profesorado.
Trátase dun curso de 12 horas que se impartirá en modalidade virtual síncrona.
Calendario:
Desenvolverase os días 19, 21, 26 e 28 de febreiro de 16 a 19 horas.
Pode ler o programa do curso aquí.
Importante:
Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20 % da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”
Pode consultar máis información na seguinte ligazón.
Reciba un cordial saúdo.