Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Obradoiros Campus Ourense-Listaxe provisoria axudas concedidas

Obradoiros

15-01-2024 ata: 15-01-2025

Con data 15 de xaneiro de 2024 publícase a listaxe provisoria de obradoiros concedidos na Convocatoria de axudas para a organización de obradoiros no segundo cuadrimestre do curso 2023/24, no Campus de Ourense.

 

As persoas solicitantes disporán dun prazo de cinco días hábiles, contados dende o seguinte á publicación desta resolución, para presentar as alegacións que consideren oportunas. Para tal fin, a persoa que coordina o obradoiros presentará a documentación de alegacións a través da sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) entrando no procedemento “Emenda e mellora da solicitude” e facendo referencia ao número de Rexistro da solicitude.