Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Gravación da sesión informativa virtual sobre sexenios 2023

Información ao PDI

13-01-2024 ata: 13-02-2024

Achegamos a ligazón á gravación da sesión informativa virtual sobre as fontes de información para a preparación da solicitude de sexenios na convocatoria de 2023, que tivo lugar o venres 12 de xaneiro de 2024 na aula da Biblioteca no Campus Remoto:

Gravación

Proximamente poderán consultar tamén á presentación que utilizamos na sesión, na Guía Sexenios CENAI.

O obxectivo da sesión era axudar ao profesorado a localizar algúns dos indicios de calidade das publicacións que están incluídos nos criterios da convocatoria de sexenios de 2023.

Contidos:

  • Sexenios 2023: principais novidades na valoración das publicacións
  • Campos da solicitude: resumen, outra información e indicios de calidade
  • Indicios de calidade: fontes de información e indicadores

Para máis información, por favor, diríxase a:

Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
referencia@uvigo.gal