Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Difusión Enquisa Proxecto Equality policies in the Spanish university: a study of gender gap in academia

Unidade de Igualdade

10-01-2024

Desde a Unidade de Igualdade difundimos unha solicitude ao PDI para participar nun estudo para coñecer o impacto das políticas de igualdade de xénero nas universidades españolas. Convidamos ao persoal docente e investigador da UVigo a colaborar nesta investigación.  

A continuación incluímos a presentación enviada polas responsables do proxecto.   

No marco do proxecto Equality policies in the Spanish university: a study of gender gap in academia (Marie Sklodowska-Curie Acordo de subvención n.º 945413), o Grupo de Investigación Social and Business Research Lab (SBRLab), coa colaboración da Unidade Mulleres e Ciencia e o Ministerio de Universidades, levan a cabo o estudo Radiografía da igualdade: Análise do panorama universitario español

Esta investigación busca analizar o impacto das políticas de igualdade de xénero nas universidades españolas, ao mesmo tempo que avalía o nivel de sexismo, centrándose especialmente na percepción e experiencias do persoal docente e investigador. Por este motivo, como integrante do PDI do sistema universitario español, convidámoslle a formar parte deste estudo enchendo de forma anónima e voluntaria o seguinte cuestionario en liña de 10 minutos de duración.  

Cuestionario:  

https://forms.office.com/e/mHTq7NmFKR   

A súa colaboración permitirá coñecer o impacto das políticas de igualdade na universidade, axudando a obter indicadores clave para avaliar a súa efectividade e orientar futuras accións transformadoras. A súa resposta manterase en estrita confidencialidade e anonimato, e só se utilizará con fins de investigación.  

Agradecemos de antemán a súa valiosa achega para contribuír á mellora institucional en materia de igualdade de xénero.