Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Cursos e_destrezas

Información xeral

08-01-2024 ata: 31-07-2024

A Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade oferta os cursos  e_Destrezas do 2º cuadrimestre, un programa formativo gratuíto orientado ao desenvolvemento e mellora das competencias dixitais do estudantado, PAS e PDI que poderás seguir a través de campus remoto.

Ponte ao día en

_ Ofimática: Microsoft Office
_ Tradución asistida: MemoQ
_ Ánalise de datos: Excel
_ Fundamentos de deseño: AutoCAD
_ Edición de vídeo e son dixital para a web
_ Impresión 3D
_ Deseño gráfico: Illustrator e Photoshop

Duración dos cursos: 30 horas (6 sesións de 4 horas presenciais + 6 horas de traballo non presencial)

Recoñecemento de 1 crédito ECTS por curso