Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Sexenios investigación 2023 - Convocatoria da UVigo para CD, PPL e AD
Información ao PDI
29-12-2023 ata: 29-02-2024Resolución de 28 de decembro de 2023 da Universidade de Vigo pola que se fixa o procedemento e o prazo de presentación de solicitudes de avaliación da actividade investigadora para o profesorado contratado doutor, o profesorado permanente laboral e o profesorado axudante doutor, correspondente ao ano 2023.
OBSERVACIÓNS DE INTERESE:
1. As solicitudes presentaranse a través da sede electrónica da ANECA.
Unha vez presentada, as persoas interesadas deberán enviar unha copia da solicitude asinada e do xustificante coa data de rexistro por correo electrónico ao Servizo de PDI (consultapdi@uvigo.es). A falta desta comunicación impedirá que se poida realizar a avaliación.
2. O prazo de presentación de solicitudes abrangue do 22 de xaneiro ao 12 de febreiro de 2024.
3. Segundo se indica na base 3.1.d), a folla de servizos deberá ser de data posterior ao 22 de decembro de 2023.
4. Os criterios específicos aprobados para cada un dos campos de avaliación regúlanse na Resolución do 5 de decembro de 2024, da Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora (BOE do 16).
5. No caso de solicitarse a validación de sexenios obtidos noutras universidades, a solicitude presentarase nos termos indicados na base 9 directamente ante a Universidade de Vigo, a través da súa sede electrónica.