Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Capacidade docente e recoñecementos curso 24-25

Información ao PDI

15-12-2023 ata: 22-12-2023

Estimado profesorado:

 

 Xa pode acceder a través da Secretaría Virtual (Acceso á secretaría virtual do PDI_Recoñecementos en POD) á seguinte información:

 

  • Capacidade docente para o curso 2024/25, calculada de acordo coa “Normativa de dedicación e recoñecementos docentes do profesorado (CG 01/02/22, modificación no CG 28/07/22, CG02/03/23 e CG 30/10/23, corrección no CG 22/11/23) dispoñible no repositorio de normativas da páxina web da Universidade de Vigo (Ligazón)

 

No cálculo están incluídos os recoñecementos das actividades de goberno e representación (RAGR), excepto os recoñecementos que a continuación se indican, que deberán ser solicitados, a través da sede electrónica da Universidade de Vigo, no seguinte enderezo https://sede.uvigo.gal/ mediante unha instancia xenérica SXER, e co asunto “Solicitude - RAGR”.

 

    • R2425.2.2 Membro Comisión de acreditación / de avaliación (CER, CEI) ANECA/Comité asesoramento da CNEAI
    • R2425.2.3 Xestor/a de Programas e áreas de Investigación
    • R2425.2.5 Representante da Universidade de Vigo noutras Institucións (deberase acreditar mediante o nomeamento do Reitor no que figure explicitamente o recoñecemento da actividade no POD. Quedan excluídas aquelas actividades que supoñan remuneración)

 

*Incluídos estes recoñecementos, aplicarase o límite máximo establecido na Normativa (30% da suma dos recoñecementos R2425.2 e R2425.3, a excepción do R2425.2.6).

 

  • Recoñecementos recollidos na mesma Normativa, no apartado 4. Outras actividades recoñecidas, que a continuación se indican:

 

    • Titorización de TFG/TFM (defendidos e superados no curso 22/23)
    • Dirección de teses de doutoramento nos tres cursos anteriores (cursos 20/21, 21/22, 22/23)
    • Docencia en inglés (curso 23/24)
    • Docencia en galego (convocatoria actual “en proceso” e respecto as anteriores convocatorias deberase enviar a información das horas de docencia en galego a recoñecer no curso 24/25, identificando as convocatorias correspondentes)
    • Titorización PIUNE
    • Bolsas de centro, bolsas de máster e bolsas de doutoramento (pendentes de aprobar)

 

*A suma final destes recoñecementos será corrixida á baixa no caso de que supere o límite máximo establecido na Normativa (50% da capacidade docente).

 

O recoñecemento, no curso 24/25, da docencia asignada ao profesorado permanente que, de forma voluntaria, aceptou impartir docencia vacante no curso 23/24 por circunstancias non previstas, realizarase despois de aplicar á suma final dos recoñecementos indicados no parágrafo anterior o límite máximo establecido na Normativa.

 

O cómputo definitivo de recoñecementos publicarase na Secretaría Virtual no período previo á confección do POD polos Departamentos, en todo caso, despois do remate do prazo para a presentación de alegacións.

 

Ábrese un prazo ata o 22 de decembro de 2023, para que o persoal docente e investigador envíe as posibles alegacións (relativas exclusivamente ás capacidades docentes e aos recoñecementos xa dispoñibles) mediante unha instancia xenérica, a través da sede electrónica da Universidade de Vigo, no seguinte enderezo https://sede.uvigo.gal/ mediante unha instancia xenérica SXER, e co asunto “Alegacións – Capacidades - RecoñecementosNon se atenderan aquelas alegacións que se envíen fóra deste prazo.