Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Sorteo público vogais comisións selección concursos acceso prazas PTU

Información ao PDI

15-12-2023 ata: 15-12-2023

Acordo da Comisión de Organización Académica e Profesorado (COAP) de 15 de decembro de 2023 sobre o sorteo da orde dos vogais das comisións de selección dos concursos de acceso de prazas de profesorado Titular  de Universidade correspondentes ao 15% das OEP do ano 2022 reservado para a contratación de investigadores con certificado I3


Na Comisión de Organización Académica e Profesorado do 15 de decembro de 2023, tivo lugar o sorteo da orde dos vogais das comisións de seleccións dos concursos de acceso propostas polos departamentos, das seguintes prazas:


• 4 prazas de profesorado Titular de Universidade

Unha vez celebrado o sorteo, a COAP toma o seguinte ACORDO:


Os vogais titulares e suplentes das propostas das comisións de selección enviadas polos departamentos, terán a seguinte orde:

  • Vogal titular 1, o que figura na proposta como vogal 4
  • Vogal titular 2, o que figura na proposta como vogal 2
  • Vogal titular 3, o que figura na proposta como vogal 5

 

  • Vogal suplente 1, o que figura na proposta como vogal 1
  • Vogal suplente 2, o que figura na proposta como vogal 6
  • Vogal suplente 3, o que figura na proposta como vogal 3