Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Sorteo público vogais comisións de selección dos concursos de acceso de prazas de PTU
Información ao PDI
13-12-2023 ata: 13-12-2023Prezado profesorado,
Comunicamos que o próximo venres 15 de decembro ás 10 horas, na Sala de reunións da Vicerreitoría de Profesorado e Ordenación Académica (terceiro andar do edificio Ernestina Otero), terá lugar o sorteo público da orde dos vogais das comisións de selección dos concursos de acceso de prazas de Profesorado Titular de Universidade correspondentes ao 15% das OEP do ano 2022 reservado para a contratación de investigadores con certificado I3.
Así mesmo, infórmase que tamén se poderá seguir o dito sorteo a través da Sala 10 da Reitoría no Campus Remoto da Universidade de Vigo, no enderezo electrónico seguinte:
https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/999904116
No apartado correspondente a “Acceso estudantado” encherase o “Nome” co nome e apelidos de cada un (aos efectos de poder computar a asistencia virtual), e o apartado “Contrasinal” co seguinte: 1KxVHD.
Pulsarase de seguido en "Acceder” e completaranse as instrucións correspondentes. Conectarase a cámara, cando o presidente o así se lle solicite, únicamente aos efectos de poder proceder á identificación de cada membro.
Debido a que a hora indicada anteriormente é estimada, as persoas interesadas terán acceso no momento en que se proceda a realizar o sorteo.
- vicprof@uvigo.gal
- +34 986 813 595