Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Xornada informativa virtual OPI. 19 de decembro. Novas convocatorias de proxectos Erasmus+2024

Información ao PDI

01-12-2023 ata: 01-12-2023

Prezado Persoal Docente e Investigador:Informámosvos de que a Oficina de Proxectos Internacionais-Área Educativa organizará unha xornada informativa virtual o próximo 19 de decembro para presentar as novas convocatorias de proxectos Erasmus+ 2024, segundo o seguinte programa:

- 09.30-09.45: Apertura da xornada. Mª Belén Rubio Armesto, Vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación.

- 09.45-10.00: Novidades das convocatorias de proxectos Erasmus+ 2024 e calendario de presentación de propostas KA2, KA3 e Jean Monnet. Eva Garea Oya, Directora de Área de Proxectos Internacionais de Educación, OPI.

- 10.00-10.30: Accións Jean Monnet no ámbito da educación superior. Diego Fernández Sevilla, Técnico de Promoción de Proxectos Internacionais de Investigación e Educación, OPI Ourense.

- 10.30-11.00: CBHE: Creación de capacidades no ámbito da Educación Superior e CBVET: Creación de capacidades no ámbito da Formación Profesional. Elisabet López Regueira, Técnica de Promoción de Proxectos Internacionais de Educación, OPI.

- 11.00-11.30: KA2 Asociacións estratéxicas de cooperación. Lorena Diana Gatea, Técnica de Promoción de Proxectos Internacionais de Educación, OPI.

- 11.30-12.00: KA2 Asociacións para a Innovación, Alberto Rellán López, Técnico de Promoción de Proxectos Internacionais de Investigación e Educación, OPI Pontevedra.

- 12.00-12.15: Preguntas, comentarios e conclusións.

Durante a xornada, os relatores centraranse en dar a coñecer as características das accións Erasmus+ 2024  cuxas datas límite de presentación de proxectos finalizan en febreiro e marzo de 2024.

A xornada terá lugar no espazo virtual do Campus Remoto, sala: Oficina de Proxectos Internacionais - Docencia, na seguinte ligazón: https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/220355598 (clave estudantes: bbGHuy67)

Este programa está dispoñible tamén na seguinte ligazón: https://opi.uvigo.gal/area-educacion/xornadas-formativas-propias/

Esperamos que esta xornada formativa sexa do seu interese!

Un saúdo moi cordial,

Eva Garea Oya.
Directora de Área de Proxectos Internacionais de Educación.
Oficina de Proxectos Internacionais.
Dir.edu.opi@uvigo.gal