Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Sorteo público vogais comisións de selección dos concursos de acceso de prazas de PTU e CU

Información ao PDI

30-11-2023 ata: 30-11-2023

Prezado profesorado,

Comunicamos que o próximo luns 4 de decembro ás 9.h, na Sala de reunións da Vicerreitoría de Profesorado e Ordenación Académica (terceiro andar do edificio Ernestina Otero), terá lugar o sorteo público dos vogais das comisións de selección dos concursos de acceso das prazas de Profesorado Titular de Universidade (OEP 22) e de Catedráticos/as de Universidade (OEP 22) correspondentes á quenda do 85% do total de prazas.

Así mesmo, infórmase que tamén se poderá seguir o dito sorteo a través da Sala 10 da Reitoría no Campus Remoto da Universidade de Vigo, no enderezo electrónico seguinte:

https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/999904116

No apartado correspondente a “Acceso estudantado” encherase o “Nome” co nome e apelidos de cada un (aos efectos de poder computar a asistencia virtual), e o apartado “Contrasinal” co seguinte: 1KxVHD.

Pulsarase de seguido en ¨Acceder” e completaranse as instrucións correspondentes. Conectarase a cámara, cando o presidente o así se lle solicite, únicamente aos efectos de poder proceder á identificación de cada membro.

Debido a que a hora indicada anteriormente é estimada, as persoas interesadas terán acceso no momento en que se proceda a realizar o sorteo