Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Novas convocatorias de proxectos Erasmus+ 2024_calendario e nova Guía 2024

Información ao PDI

29-11-2023 ata: 29-11-2024

Prezado Persoal Docente e Investigador:

Informámosvos de que a Comisión Europea vén de publicar a nova convocatoria de propostas de proxectos para o ano 2024 no marco do programa Erasmus+, cun orzamento total de 4.300 millóns de euros.

A nova Guía do programa Erasmus+ 2024 (https://erasmus-plus.ec.europa.eu/erasmus-programme-guide) xa está dispoñible para poder consultar toda a información relevante, requisitos e prazos para a presentación de novos proxectos Erasmus + KA2, KA3 e Jean Monnet.

Estas son as principais convocatorias e datas para a presentación de proxectos en 2024:

Acción clave 2 (KA2) – Cooperación entre organizacións e institucións:

- Asociacións de cooperación: data de peche 05/03/2024, 12:00 h.
- Asociacións a pequena escala: data de peche 05/03/2024, 12:00 h.
- Asociacións para a excelencia:
. Centros de Excelencia Profesional (CoVEs): data de peche 07/05/2024, 17:00 h.
. Academias de Profesorado Erasmus+: data de peche 06/06/2024, 17:00 h.
. Accións Erasmus Mundus: Másteres conxuntos Erasmus Mundus, Medidas de deseño: data de peche 15/02/2024, 17:00 h.
- Asociacións para a Innovación: data de peche 07/03/2024, 17:00 h.
- CBHE: Creación de capacidades no ámbito da Educación Superior: data de peche 8/02/2024, 17:00h.
- Creación de capacidades no ámbito da Formación Profesional: data de peche 29/02/2024, 17:00h.
- Creación de capacidades no ámbito da Xuventude. data de peche 6/03/2024, 17:00h.
- Creación de capacidades no ámbito do Deporte: data de peche 5/03/2024, 17:00h.
Eventos deportivos europeos sen ánimo de lucro: data de peche 5/03/2024, 17:00h.

Acción clave 3 (KA3) – Apoio ao desenvolvemento e cooperación de políticas:
- Xuventude Europea Unida: data de peche 07/03/2024, 17:00 h.

Accións Jean Monnet e Redes: data de peche 01/02/2024, 17:00 h.
- Accións Jean Monnet no ámbito da educación superior.
- Accións Jean Monnet noutros ámbitos da educación e formación.
- Redes Jean Monnet.

Ademais, o día 30 de novembro a Comisión Europea organiza unha sesión informativa sobre a convocatoria de desenvolvemento de capacidades no ámbito da educación superior (CBHE). Neste evento ampliarase a información sobre tipoloxía de proxectos con outros países e presentaranse as novidades para o ano 2024. Máis detalles e rexistro na seguinte ligazón: https://www.eacea.ec.europa.eu/news-events/events/online-info-session-erasmus-programme-capacity-building-higher-education-2023-11-30_en

Poñemos a vosa disposición os principais documentos de utilidade sobre Erasmus+ 2024 para poder enfocar adecuadamente as vosas futuras propostas de proxectos internacionais:

Lembrade que a través dos proxectos Erasmus+, podedes ampliar horizontes académicos, establecer redes internacionais e contribuír ao crecemento da nosa comunidade educativa.

Na Oficina de Proxectos Internacionais-Área de Educación ofrecémosvos asesoramento na preparación de novos proxectos. Ademais, atoparedes toda a información actualizada sobre as convocatorias europeas no ámbito educativo, eventos e documentación de interese na páxina web da OPI (área educación), na sección Taboleiro – Educación.

Convidámosvos a que consideredes esta oportunidade de preparar novos proxectos internacionais, aproveitando ao máximo o potencial de financiamento e cooperación internacional que ofrecen estas novas convocatorias Erasmus+ 2024.

Un saúdo moi cordial,
Eva Garea Oya.
Directora de Área de Proxectos Internacionais de Educación.
Dir.edu.opi@uvigo.gal