Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Actas de Constitución e avaliación provisional dos tribunais dos Premios Extraordinarios de Doutoramento

Concursos e Premios

30-11-2023 ata: 07-12-2023

Bo día, 

No día de hoxe, publícase no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo e na web da EIDO, as Actas de constitución e de avaliación provisional, remitidas polos tribunais encargados de elaborar a proposta de concesión dos Premios Extraordinarios de Doutoramento correspondentes ao curso académico 2022-2023.
A partir do día seguinte desta publicación, ábrese un prazo de 5 días hábiles para formular alegacións a estas propostas, a través da instancia xenérica da sede electrónica da Uvigo, https://sede.uvigo.gal
Unha vez resoltas as alegacións por parte dos tribunais, enviarase a proposta definitiva ao Consello Goberno para a súa aprobación.

Pódense consultar na seguinte ligazón: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml;jsessionid=A959B1D4A728F0C7FF178579C0D7E52C?idtaskdata=35221208