Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
PAS Funcionario: Estabilización por concurso - resolución final (prazas C1 e C2)
Información xeral
22-11-2023O 22 de novembro de 2023 publícase, no taboleiro de anuncios da sede electrónica, a resolución reitoral que pon fin ao proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o ingreso nas diferentes escalas e subescalas dos subgrupos C1 e C2, para a estabilización de emprego temporal do persoal de administración e servizos, convocado por resolución do 1 de decembro de 2022.
Presentación documentación do 23 de novembro a 15 de decembro de 2023.
O título académico pode acreditarse mediante o xustificante que se pode obter na carpeta cidadá (https://carpetaciudadana.gob.es/carpeta/clave.htm), no apartado de títulos (universitarios ou non universitarios).
- consultapas@uvigo.gal
- +34 986 813 762