Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Sobre o 25N. Relatorio xornalista e activista feminista Lydia Cacho

Unidade de Igualdade

21-11-2023

Dentro das actividades previstas polo 25N,  Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, a Universidade de Vigo convida a toda á comunidade universitaria a asistir ao  relatorio da xornalista e activista feminista Lydia María Cacho Ribeiro e, de forma paralela, a artista téxtil Maritza Bertollini creará unha peza téxtil «para expresar a causa e curar feridas». Esta actividade está feita en colaboración co Concello de Vigo e será o vindeiro 23 de novembro, ás 19.00 h, no auditorio do Concello de Vigo (praza do Rei, núm. 1, 36202 Vigo).