Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Ruta Cultural O Pequeno Tíbet - Sistelo (Portugal)
Deporte e benestar
02-12-2023 ata: 02-12-2023O vindeiro 2 de decembro celebraremos unha nova ruta cultural, nesta ocasión desprazarémonos a Portugal para gozar dun lugar único e singular, Sistelo.
1.- Distancia: 18 km
2.- Itinerario: Sistelo, Barrão , Tabarca, Barreiró, Ecovía Arcos de Valdevez, Sistelo.
3.- Dificultade: media-alta
4.- Descrición: esta ruta permitirá ás persoas participantes coñecer Sistelo, unha aldea-monumento do Parque Nacional da Peneda Gerês que conta cunha paisaxe de montaña que é coñecida por lembrar á do Tíbet. A ruta inclúe paradas interpretativas a cargo de persoal especializado.
5.- Inscricións: as inscricións estarán abertas de xeito exclusivo para a comunidade universitaria ata o luns anterior a cada ruta. No caso de quedar prazas libres, o martes, mércores e xoves anteriores a cada ruta permitirase a inscrición de calquera persoa interesada.
6.- Outra información xeral de interese:
- Cada ruta realizada recoñecerase con 7,5 h ECTS por día de duración.
- Haberá autobuses para trasladar as persoas participantes ao inicio de cada ruta dende os campus de Ourense (Cafetería Perla), Pontevedra (Praza de Galicia, nº 5) e Vigo (rúa do Areal, nº52).
- extension@uvigo.gal
- 986 812 182