Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Formación sobre violencias machistas (gratuita e en liña).

Unidade de Igualdade

19-11-2023

Para erradicar a violencia contra as mulleres, precisamos do compromiso e colaboración de todas as persoas da nosa comunidade universitaria. Con motivo da celebración do 25N, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, dende a Unidade de Igualdade ofertamos duas formacións sobre violencias machistas:

  • E ti, sabes como actuar fronte ao acoso sexual e ao acoso por razón de sexo? 24/11/2023 de 11:00 a 13:00 h. Unha formación en liña síncrona aberta a toda a comunidade universitaria previa inscrición a través de Bubela (do 7 ao 21 de novembro). 40 prazas. Código: ACS2023
  • A universidade,un espazo libre de violencias machistas? 29/11/2023 de 16:30 a 18:30h. Unha formación dirixida a persoas da comunidade universitaria con cargos de responsabilidade ou con funcións relacionadas coa xestión da igualdade entre mulleres e homes e a convivencia, en formato virtual síncrono. Inscrición a través de Bubela do 7 ao 21 de novembro.40 prazas. Código: VM2023