Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

CREACIÓN DUNHA BOLSA CO PROFESORADO DA UNIVERSIDADE DE VIGO PARA PARTICIPAR COMO VOGAL NOS TRIBUNAIS DOS PROCESOS DE SELECCIÓN DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Información ao PDI

10-11-2023 ata: 10-11-2023

Dende hai varios anos o profesorado da Universidade de Vigo veu colaborando coa Deputación de Pontevedra para a composición dos tribunais cualificadores da Deputación, especialmente os de aquelas titulacións que mais se adecúan ao perfil das prazas e postos ofertados.


Así, coa intención de mellorar cada día na tramitación dos procedementos e de renovar a colaboración do profesorado da Universidade de Vigo con esta Institución, preténdese dende a Deputación ampliar a relación de persoas que desexen participar no desenvolvemento dos procesos selectivos que convoca a Deputación Provincial, co fin de crear unha base de datos por titulacións académicas e especialización, que permita axilizar a constitución destes órganos.