Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Acceso ás noticias diarias do Duvi

Información xeral

31-10-2023 ata: 31-10-2024

O pasado mes de xuño, a Universidade de Vigo remodelou a portada da web institucional para mellorar o acceso aos contidos máis relevantes.

Desde a Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais queremos lembrar que, tras os cambios realizados na web, o Duvi, o Diario Dixital da UVigo, segue dando cobertura informativa aos eventos relacionados coa institución e recollendo toda a información diaria dos tres campus, incluíndo o resumo de prensa coas novas sobre a UVigo que publican os medios de comunicación.
 
Pódese acceder ao Duvi a través da portada da web, premendo na ligazón que existe sobre o carrusel de novas destacadas, ou ben no enderezo www.duvi.uvigo.gal.