Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Novo acordo transformativo coa editorial Association for Compunting Machinery (ACM) para publicar en acceso aberto

Biblioteca

19-10-2023 ata: 31-12-2025

A Universidade de Vigo asinou un acordo transformativo coa Association for Computing Machinery (ACM). Con este acordo, as persoas que forman parte da comunidade universitaria poden acceder a todas as revistas de ACM, ao tempo que habilita a publicación en acceso aberto sen custo adicional nas súas revistas híbridas e Gold OA, cubrindo o 100% das taxas de publicación (APC).

Para beneficiarse desde desconto do 100 % nas APC:

  • A autora ou autor de correspondencia (corresponding author) deberá ser membro da Universidade de Vigo e identificarse como tal mediante o seu correo electrónico institucional.
  •  
  • Cómpre ter aceptado un artigo para a súa publicación entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 31 de decembro de 2025.

Máis información nas guías:

As consultas pódense realizar por correo electrónico a través do enderezo accesoaberto.biblioteca@uvigo.gal

 

Biblioteca da Universidade de Vigo

Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 Vigo