Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Convocatoria Selo de grao de excelencia Xunta de Galicia

Información ao PDI

18-10-2023 ata: 17-11-2023

 

No DOG do pasado 10 de outubro de 2023 a Xunta de Galicia publicou a convocatoria para a concesión do Selo de grao de excelencia a titulacións universitarias de grao impartidas polas universidades do SUG.

 

Dado que a dita convocatoria establece que cada unha das universidades poderá presentar como máximo tres titulacións de grao, a Universidade de Vigo debe realizar unha selección previa de entre todas as interesadas. Por iso, hoxe publicamos no taboleiro de convocatorias a Resolución Reitoral pola que se convoca o proceso selectivo interno de titulacións oficias de grao para optar á concesión do selo de excelencia da Xunta de Galicia. Pódese acceder a toda a información aquí.

 

As datas relevantes do proceso son as seguintes

 

  1. Presentación das propostas por parte dos centros: ata as 14h o día 17 de novembro de 2023
  2. Resolución por parte da Universidade nun prazo máximo de 20 días finalizado o prazo de presentación
  3. Remisión da proposta de títulos a SXU antes do 11 de decembro de 2023

 

Toda a documentación da solicitude debe ser remitida ao correo direc.docencia@uvigo.gal