Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

ATHENA - Alumni Talk

Información xeral

17-10-2023 ata: 17-10-2023

ATHENA, a través da súa Career Office, inicia as súas Charlas de Antigo Alumnado (Alumni Talk) para fomentar o compromiso e interacción entre o alumnado actual e o egresado. Nestas charlas compartiranse experiencias e coñecementos co estudantado actual de todas as institucións socias.

A primeira terá lugar hoxe, ás 15:30 CET, e nela participará a alumna Sofía Vivián Álvarez (do ámbito Software Developer for Human-Machine Interface da UVigo), quen falará para toda a comunidade universitaria a través da plataforma Zoom.

Para obter a ligazón de acceso debes rexistrarte en: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSchpCDHzln7iMBNyriFBioS645-jYw36_7CAgV8roniCuUZuA/viewform

Máis información sobre ATHENA en https://www.uvigo.gal/universidade/internacional/universidade-europea-athena