Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Curso de LIDAR terrestre (láser escáner)

Información ao PDI

24-10-2023 ata: 25-10-2023

Curso de LIDAR terrestre (láser escáner)

  • Data de impartición do curso: 24-10-2023, 25-10-2023
  • Duración: 15 horas (9:30 AM-5:30 PM)
  • Lugar: Torre CACTI

Programa

(1) Descrición do instrumento Trimble SX10, (2) tecnoloxía do instrumento Trimble SX10, (3) batería e cargadores, (4) tableta de control Trimble TSC7 e Trimble Access, (5) configuración do LIDAR SX10, (6) conexión ao LIDAR SX10, (7) crear un traballo, (8) iniciar un levantamento topográfico, (9) medir puntos, (10) realizar escaneos en 3D, (11) exportación das nubes de puntos, (12) postproceso dos modelos en 3D con Trimble Business Center (TBC)

Data límite para presentación das solicitudes: 20-10-2023 @ 2:00 PM 

Solicitudes no acceso a LIMS: https://lims.uvigo.es:8000/SitePages/home.aspx

Para información do curso e dúbidas sobre Acceso a LIMS: ramiro@uvigo.es / 986818632

Tarifas:

  • TARIFA A: 106 € (como norma xeral, aplicarase aos/ás usuarios/as que pertenzan á Universidade de Vigo).
  • TARIFA B: 201,6 € (como norma xeral, aplicarase a usuarios/as doutros organismos públicos de investigación).
  • TARIFA C: 201,6 € (como norma xeral, aplicarase a usuarios/as de empresas ou centros de investigación privados). 

Desconto do 50 % para persoas desempregadas inscritas no paro e para o alumnado matriculado en programas de doutoramento da Universidade de Vigo.

O diploma do curso entregarase ao finalizar.

Exemplos do LIDAR escaneando diversos obxectos:

O equipo LIDAR poderá solicitarse ao CACTI en réxime de de autoservicio por usuarios internos (vinculados á Universidade de Vigo) que realizasen o curso e que como mínimo sexan alumnos de doutoramento. O curso de GPS é necesario para o autoservizo do sistema LIDAR (persoas que xa fixeron o curso LIDAR ou teñan intención de facelo).