Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

RR coa listaxe provisional solicitudes admitidas e excluidas para optar aos Premios Extraordinarios de Doutoramento

Concursos e Premios

05-10-2023 ata: 16-10-2023

Bo día, 

Con data do 4 de outubro de 2023, publícase no taboleiro electrónico da Uvigo a Resolución Reitoral pola que se fai pública a listaxe provisional de solicitudes admitidas a trámite e as excluídas, para optar aos Premios Extraordinarios de Doutoramento 2022-2023.

Nos anexos figuran as solicitudes admitidas e excluídas coas causas de exclusión. 

Aqueles/as solicitantes que presentaron un número de contribucións superior ao establecido na convocatoria (5 contribucións agás no ámbito de Ciencias que poden ser10) solo poderán terse en conta as 5 ou as 10 primeiras segundo o ámbito.
Aquelas solicitudes que presentaran accións de mobilidade adicionais á mención internacional (estadías) e non aportaran a xustificación, deberán documentalas ou non se poderán puntuar.
O prazo de reclamacións e emendas das incidencias, será do 5 ao 16 de outubro de 2023.
Estas serán presentadas mediante instancia xenérica do catálogo de procedementos da
sede electrónica da Uvigo, https://sede.uvigo.gal

Pódese consultar na seguinte ligazón: 

Detalles da publicación (uvigo.gal)

Atentamente,