Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Informámosvos de que, no marco do convenio entre a Universidade de Vigo e a Orquestra Clásica de Vigo, os membros da comunidade universitaria poden adquirir entradas cun prezo especial para o concerto que a orquestra ofrecerá o vindeiro 11 de outubro ás 20:30 h. no Teatro Afundación de Vigo .
As entradas pódense adquirir na seguinte LIGAZÓN
Para a aplicación do desconto, so hai que seleccionar a tarifa "Comunidade Universitaria UVIGO" no momento de adquirir as entradas
BATMAN
A música de cine volve á tempada da Orquesta Clásica de Vigo cunha das sagas de
superheroes máis famosas: Batman. Neste concerto inetrpretaremos as bandas sonoras
que cuntribuíron á construción desta icona contemporánea con aparencia de morcego.
Danny Elfman marcou un camiño da man de Tim Burton, as composicións de Elliot
Goldenthal para Batman Forever e Batman e Robin e a obra máis recente de James
Newton Howard e Hans Zimmer, deseñadas para a triloxía de 2005 dirixida por Christopher
Nolan.
O programa busca mostrar tres estilos compositivos recollidos nas distintas sagas
cinematográficas dedicadas ao morcego de Gotham. Obras todas elas que marcaron época
e codificaron a linguaxe para entender o cinema fantástico contemporáneo e que demostran
a importancia, presenza e vitalidade da música sinfónica na actualidade.
Programa:
Grand Gothic Suite de Batman Forever e Batman and Robin, de E. Goldenthal
The Dark Knight Trilogy Concert Suite de Batman Begins e The Dark Knight Rises, de N.
Howard / H. Zimmer
Suite de Batman e Batman Returns, de D. Elfman
Dirixe: Manuel Martínez Álvarez-Nava
- Cartel [197.32 Kbytes]
- vice.extension@uvigo.gal
- +34 986 813586