Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Baile Swing

Deporte e benestar

27-09-2023 ata: 27-09-2023

Queres mover o esqueleto?

O mércores 27 de setembro, temos unha cita imperdible para ti: Baile Swing no campus Lagoas-Marcosende. 

Lugar: Pista 3 do pavillón universitario.
Horario: de 13.00 a 15.00 h. Podes unirte en calquera momento desa franxa horaria.
O mellor de todo é que non precisas inscrición previa nin parella.
Opta por roupa cómoda e solta, nada que limite os teus movementos. E en canto ao calzado non está permitido traer calzado da rúa, nin tacóns, nin plataformas. Uns deportivos ou zapatillas serán os teus mellores aliados.

Será unha tarde chea de ritmo e diversión.

Así que marca a data e vén gozar do Baile Swing. Vémonos na pista! 

Máis información nas redes sociais de @muversuvigo.