Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Xornada informativa europea: oportunidades internacionais de proxectos

Información ao PDI

14-09-2023 ata: 01-05-2024

Prezado PDI:

Informámosvos de que acabamos de ter coñecemento na Oficina de Proxectos Internacionais das sesións informativas virtuais organizadas pola Comisión Europea baixo a temática Erasmus+ World Wide 2023 sobre oportunidades internacionais de cooperación. En concreto, as xornadas relativas ao financiamento de proxectos europeos educativos terán lugar os días 18 e 19 de outubro e tratarán sobre os seguintes temas:

18 de outubro:

-          10:00h - 11:00h. Programas de mestrados conxuntos Erasmus Mundus (a mesma sesión tamén terá lugar en horario de tarde, entre 14:30h - 15:30h).

-          11:00h - 12:00h. Proxectos de desenvolvemento de capacidades no ámbito da educación superior (a mesma sesión tamén terá lugar en horario de tarde, entre 15:30h - 16:30h).

-          12:00h - 12:45h. Accións Jean Monnet para a promoción de estudos sobre a Union Europea (a mesma sesión tamén terá lugar en horario de tarde, entre 16:30h - 17:15h).

19 de outubro:

-          10:00h - 10:45h. Proxectos de desenvolvemento de capacidades no ámbito da educación e da formación (a mesma sesión tamén terá lugar en horario de tarde, entre 14:30h - 15:15h).

-          11:30h - 12:15h. Proxectos de desenvolvemento de capacidades no ámbito da xuventude (a mesma sesión tamén terá lugar en horario de tarde, entre 16:00h - 16:45h).

-          12:15h - 12:45h. Preguntas e respostas e conclusións (a mesma sesión tamén terá lugar en horario de tarde, entre 16:45h - 17:15h).

Poden consultar mais información e acceder ás xornadas en: https://erasmus-plus.ec.europa.eu/event/erasmus-world-wide-webinar-2023

Esperamos que estas sesións europeas sobre financiamento de proxectos educativos Erasmus+ World Wide 2023 sexan do seu interese.

Un saúdo moi cordial,

Eva Garea Oya.
Directora de Área de Proxectos Internacionais de Educación.
Oficina de Proxectos Internacionais.