Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Apertura de preinscrición no curso Metodoloxía do Enfoque do Marco Lóxico (EML) aplicada aos Proxectos de Cooperación Internacional ao desenvolvemento presentados polas universidades galegas (Campus de Ourense)
Formación de Profesorado
14-09-2023 ata: 02-10-2023O xoves 14 de setembro ás 12 horas abrirase o prazo de preinscrición para o curso Metodoloxía do Enfoque do Marco Lóxico (EML) aplicada aos Proxectos de Cooperación Internacional ao desenvolvemento presentados polas universidades galegas do Programa de Formación Permanente do Profesorado para o ano 2023.
Trátase dun curso de 24 horas de duración de carácter semipresencial. A parte presencial desenvolverase no Campus de Ourense e parte de traballo autónoma levarase a cabo de xeito virtual asíncrono a través da plataforma Moovi.
O curso está organizado pola Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD) e a Área de Equidade e Diversidade (Vicerreitoría de Benestar, Equidade e Diversidade) da Universidade de Vigo.
Calendario:
Parte presencial (16 horas):
Os días 4, 11, 18 e 25 de outubro 16 a 20 horas.
Traballo autónomo (8 horas):
Desenvolvemento de tarefas de formulación de proxectos a realizar individualmente.
Ata o día 5 de novembro.
Pode ler o programa do curso aquí.
Reciba un cordial saúdo.
Importante:
Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”
Pode consultar máis información na seguinte ligazón.