Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Resolución Reitoral pola que se publica a listaxe provisional de posibles persoas candidatas aos Premios Extraordinarios de Doutoramento 2022-23 co campo cneai asignado

Concursos e Premios

04-09-2023 ata: 08-09-2023

Bo día, 

Con data de hoxe, publícase no taboleiro electrónico da Uvigo e na páxina web da EIDO, a  listaxe provisional de posibles persoas candidatas aos Premios Extraordinarios de Doutoramento correspondentes ao curso académico 2022-23, con indicación do campo CNEAI asignado e da posesión ou non da Mención Internacional, de Cotutela ou doutoramento industrial: Anexo I.

A partir do día seguinte da súa publicación, ábrese un prazo de 5 días hábiles para que
as persoas relacionadas poidan presentar alegacións ao contido da listaxe provisional.
No caso de desacordo coa asignación de campo CNEAI, poderán presentar ante a
dirección da Eido unha proposta de asignación diferente, debidamente argumentada e
documentada, dentro do mesmo prazo, a través da instancia xenérica da sede
electrónica da Universidade de Vigo, https://sede.uvigo.gal.
Unha vez rematado o prazo publicarase a listaxe definitiva que non admitirá cambios na
asignación do campo CNEAI.

Atentamente,