Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Resultado sorteo vogais comisións selección PTU e CU

Información ao PDI

26-07-2023 ata: 26-07-2023

Acordo da Comisión de Organización Académica e Profesorado (COAP) de 26 de xullo de 2023 sobre o sorteo da orde dos vogais das comisións de selección dos concursos de acceso de prazas de Catedrático/a de Universidade e de profesorado Titular de Universidade correspondentes ás ofertas de emprego público dos anos 2021 e 2022


Na Comisión de Organización Académica e Profesorado do 26 de xullo de 2023, tivo lugar o sorteo da orde dos vogais das comisións de selección dos concursos de acceso propostas polos departamentos, das seguintes prazas:

- 12 prazas de Catedrático/a de Universidade (OEP de 2022)
- 6 prazas de profesorado Titular de Universidade (OEP de 2022)
- 6 prazas de profesorado Titular de Universidade correspondentes á reserva do 15% para persoal investigador (3 prazas da OEP de 2021 e 3 prazas a OEP de 2022)


Unha vez celebrado o sorteo, a COAP toma o seguinte ACORDO:

Os vogais titulares e suplentes das propostas das comisións de selección enviadas polos departamentos, terán a seguinte orde:


Vogal titular 1, o que figura na proposta como vogal 3
Vogal titular 2, o que figura na proposta como vogal 5
Vogal titular 3, o que figura na proposta como vogal 2
Vogal suplente 1, o que figura na proposta como vogal 4
Vogal suplente 2, o que figura na proposta como vogal 6
Vogal suplente 3, o que figura na proposta como vogal 1

 

A presidenta da COAP,
Patricia Valcárcel Fernández