Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Obradoiros campus Pontevedra. Listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas a trámite

Obradoiros

14-07-2023

Resolución reitoral do 14 de xullo de 2023 pola que se publica a listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas a trámite na convocatoria de axudas para a organización de obradoiros no primeiro cuadrimestre do curso 2023/24 no Campus de Pontevedra.

Ábrese un prazo de alegacións de 5 días hábiles para emendar os erros, achegar documentación requirida ou presentar as alegacións que se consideren oportunas. Dito prazo comezará a contar dende o día seguinte á publicación desta resolución na sede electrónica da Universidade de Vigo.

A persoa que coordina o obradoiro presentará as alegacións a través da sede electrónica da Universidade de Vigo (htpps://sede.uvigo.gal/) entrando no procedemento “Emenda e mellora da solicitude”.