Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Publicada unha nova edición do Journal Citation Reports (JCR) do ano 2023 (Biblioteca Universitaria)

Información ao PDI

30-06-2023 ata: 30-06-2024

A Biblioteca informa que está dispoñible unha nova edición do Journal Citation Reports 2023, que xunto cos índices de impacto do ano 2022, presenta importantes melloras coma a ampliación do Journal Impact Factor (JIF) a todas as revistas da Web of Science Core Collection, incluíndo Arts & Humanities Citation Index (AHCI) e Emerging Sources Citation Index (ESCI). As revistas AHCI e ESCI, non se clasificarán nin recibirán un cuartil ou percentil ata o ano 2024.

Cada perfil de revista no JCR ofrece unha gran variedade de métricas e permite as persoas usuarias filtrar por categoría e clasificación. Ademáis inclúen:

  • O indicador de citas de revistas que presenta o impacto medio das citas normalizadas por categorías dos artigos publicados nos tres anos anteriores.
  • O índice de inmediatez, que mide a frecuencia coa que se cita o contido da revista no mesmo ano de publicación.
  • A clasificación da revista na categoría, determinada polo Journal Impact Factor, expresada como percentil.
  • Vida media citada, que é a idade media, en anos, dos elementos da revista que foron citados durante o ano JCR.
  • O Journal Impact Factor, que escala as citas recibidas ao contido recente. De agora en diante, o JIF mostra soamente un decimal en lugar de tres.

Lembramos que a comunidade universitaria pode acceder ao JCR a través do localizador de recursos electrónicos da biblioteca. Para acceder desde fóra da UVigo deben empregar o proxy ou o sistema SIR. Máis información na guía Conéctate.

Máis información en: https://www.recursoscientificos.fecyt.es/noticias/ya-en-l%C3%ADnea-journal-citation-reports-2023

Para calquera dúbida, por favor diríxase a:

Biblioteca Universitaria de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986-813843
referencia@uvigo.gal