Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Acordo coa editorial Royal Society of Chemistry (RSC) para publicar en acceso aberto (Biblioteca Universitaria)

Información ao PDI

01-01-2023 ata: 31-12-2025

A Biblioteca informa que a Universidade de Vigo a través do Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (CISUG) e a CRUE, participa nun novo acordo transformativo coa editorial Royal Society of Chemistry (RSC).

Con este acordo as tres universidades galegas disporán de acceso de lectura a todas as revistas científicas no catálogo da editorial RSC, ao tempo que habilita a publicación en acceso aberto sen custo adicional en todas as revistas híbridas e as gold OA: RSC Chemical Biology, Materials Advances, Nanoscale Advances e RSC Advances. Cando remate o fondo, aplicarase un 15% de desconto nas APCs.

A Biblioteca Universitaria encargarase de xestionar as solicitudes e ofrece soporte e asesoramento sobre o procedemento que seguir.

Pódese consultar máis información no apartado Novas da web da biblioteca e na guía:

Para resolver dúbidas e consultas habilitouse o seguinte enderezo: accesoaberto.biblioteca@uvigo.gal

Lembramos que para beneficiarse dos descontos nos APC:

  • O autor/a de correspondencia (corresponding author) deberá ser membro da Universidade de Vigo e identificarse como tal mediante o seu correo institucional.
  • Ter un artigo aceptado para publicar entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 31 de decembro de 2025.

As persoas beneficiarias adquirirán o compromiso de:

  • Facer constar no artigo a filiación normalizada segundo o Protocolo de normalización da filiación institucional da Universidade de Vigo.
  • Incluír nos agradecementos unha mención á financiación recibida pola Universidade de Vigo e o CISUG.
  • Depositar a versión publicada do artigo no repositorio institucional Investigo para incrementar a súa visibilidade e garantir á súa preservación a longo prazo.