Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

PREMIOS ALUMNI-UVIGO 2025

Información xeral

29-05-2025 ata: 31-07-2025

Hoxe publicamos a convocatoria dos IV PREMIOS ALUMNI UVIGO.

O obxecto destes premios é promover a excelencia e recoñecer o labor persoal e profesional daquelas persoas usuarias da comunidade Alumni-UVigo que destaquen por unha traxectoria que achegue valor e teña unha clara vontade de inducir cambios na sociedade. Igualmente, con estes premios preténdese incentivar a relación da Universidade de Vigo co seu antigo alumnado.

Como novidade da IV Edición destes premios, ábrense dúas modalidades de candidaturas:

  • Modalidade A: auto-candidatura
  • Modalidade B proposta de candidaturas “de Alumni a Alumni”

Independentemente da modalidade de candidatura, establécense as seguintes categorías de premios:

  • Premios Alumni-UVigo Emprendemento
  • Premios Alumni-UVigo Humanidades
  • Premios Alumni-UVigo Impacto Social
  • Premios Alumni-UVigo Investigación
  • Premios Alumni-UVigo Traxectoria Profesional