Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Acordo con IEEE para publicar en acceso aberto (Biblioteca Universitaria)

Información ao PDI

23-06-2023 ata: 31-12-2025

A Biblioteca informa que a Universidade de Vigo a través do Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (CISUG) e a CRUE participa nun novo acordo transformativo con IEEE (Institute of Electrical and Electronics Engineers)

Con este acordo as universidades disporán de acceso de lectura a todas as revistas científicas no  catálogo da editorial IEEE, ao tempo que habilita a publicación en acceso aberto sen custo adicional nas revistas híbridas do catálogo de IEEE, excepto 29 revistas "Non OA" nas que a sociedade editora non contempla a publicación en Acceso Aberto. O acordo tamén inclúe un 20% de desconto nas APCs das revistas Fully OA.

A Biblioteca Universitaria encargarase de xestionar as solicitudes e ofrece soporte e asesoramento sobre o procedemento que seguir.

Pódese consultar máis información no apartado Novas da web da biblioteca e na guía:

Lembramos que para beneficiarse dos descontos nos APC:

  • O autor/a de correspondencia (corresponding author) deberá ser membro da Universidade de Vigo e identificarse como tal mediante o seu correo institucional.
  • Ter un artigo aceptado para publicar entre o 16 de xuño e o 31 de decembro de 2025.

As persoas beneficiarias adquirirán o compromiso de:

Atentamente,

Biblioteca Universitaria de Vigo
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 Vigo