Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Taller de autores/as Springer Nature - Como escribir e publicar artigos científicos
Información ao PDI
05-07-2023 ata: 05-07-2023A Biblioteca informa que o vindeiro 5 de xullo terá lugar un Taller de autores/as, presentado por Nathalie Jacobs, editora executiva na editorial Springer e responsable da área de publicacións de Enxeñería e Ciencias Aplicadas, que ofrecerá consellos prácticos á hora de preparar un artigo e envialo para a súa publicación.
A continuación da sesión sobre como escribir e publicar artigos científicos, farase un breve repaso sobre o proceso de publicación de artigos en Acceso Aberto en revistas híbridas Springer e Adis da man de Greta Ciuk, coordinadora do Acordo Transformativo Crue CSIC e no que participa a Universidade de Vigo a través do CISUG. Máis información na guía da biblioteca Publicar en acceso aberto en Springer.
Axenda (inglés/castelán):
- Springer Nature – Who we are? – What we do?- Springer Nature – ¿Quiénes somos? – ¿Qué hacemos?
- Why you should publish? - And why in English? - ¿Por qué debe publicar? - ¿Y por qué en inglés?
- Logical Manuscript Structure - Estructura lógica de un manuscrito
- Efficient Publication Strategy - Estrategia eficiente de publicación
- Successful Journal Submission - Envío exitoso a la revista
- Publication Ethics - Ética de la publicación
- The Open Access workflow (Greta Ciuk) - El flujo de trabajo del Acceso Abierto
- The author journey and identification process (Greta Ciuk) - El proceso de identificación de los autores
- Q&A - Preguntas y respuestas
Máis información e inscricións: https://register.gotowebinar.com/register/3491107080294283614
Atentamente,
Biblioteca Universitaria de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 Vigo
Tel. 986-813843
referencia@uvigo.gal
Twitter @saibuvigo