Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Obradoiro A Unión Europea da Era Dixital_Cátedra Jean Monnet

Obradoiros

19-06-2023 ata: 31-12-2025

Prezados membros da comunidade universitaria:

Achegamos desde a Oficina de Proxectos Internacionais (OPI) información sobre a organización do obradoiro 'A Unión Europea da era dixital: unha alternativa para os investigadores mozos’, que terá lugar a través do Campus Remoto da UVigo o día 28 de xuño de 2023, de 16:30 a 19:30 horas.

Esta actividade formativa gratuíta está organizada e financiada pola cátedra europea Jean Monnet da UVigo: European Institutions and Citizens: adapting the EU to the digitalisation challenges.

O desenvolvemento acadado pola UE en diversos aspectos é considerable. Cada vez é máis necesario incorporar a dimensión europea nas distintas áreas de investigación. A UE constitúe, pois, unha fonte de inspiración e orientación para calquera universitario que inicie a súa carreira investigadora coa elaboración dunha tese de doutoramento ou que pretenda redactar un TFM ou TFG.

Mais información sobre este obradoiro en: https://opi.uvigo.gal/a-union-europea-da-era-dixital-unha-alternativa-para-os-investigadores-mozos/

Inscrición en: https://bubela.uvigo.es/bubela/publico/publico.php?funcion=ver_edicion_descripcion&tab=LC&id_edicion=5141

Contidos do obradoiro:

  1. Achegamento xeral á UE.
  2. De que se ocupa a UE? Posibles campos de investigación.
  3. Fontes de información.
  4. Estudantes e investigadores en contacto directo coa UE: bolsas e axudas.

Impartido polo prof. Celso Cancela no Campus Remoto da UVigo. Salón de Actos da Facultade de Dirección e Xestión Pública https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/925276772

Público destinatario: estudantes universitarios e interesados en xeral.

Esperamos que esta información sexa do seu interese.

Eva Garea Oya.
Directora de Área de Proxectos Internacionais de Educación.
Oficina de Proxectos Internacionais.
Universidade de Vigo.