Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

VIII Xornadas Universitarias Galegas en Xénero

Unidade de Igualdade

06-06-2023

As Unidades de Igualdade das tres universidades galegas convidamos ás VIII Xornadas Universitarias Galegas en Xénero-XUGeX. Epistemoloxías feministas en acción (https://xugex.gal/gl/programa/),  o próximo venres día 09 de xuño, as 10:00 da mañán, no Edificio Redeiras (Berbés) da Universidade de Vigo. Emitirase no canal 1 tv.uvigo.es/directo1

As ponencias da mañá estarán a cargo de: 

María Jose Rodríguez Jaume (UA). A perspectiva de xénero na docencia universitaria.
Marta Macho Stadler (UPV).  A perspectiva de xénero na investigación e transferencia universitaria.
Magdalena Suárez Ojeda (UCM). As violencias machistas nas universidades

As comunicacións da tarde e as sesións poster, agruparanse en tres mesas temáticas: 

Mesa 1. Perspectiva de xénero na docencia universitaria

Mesa 2.  Violencia contra as mulleres

Mesa 3. Mulleres, ciencia e investigación

Mais información:  igualdade@uvigo.gal