Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

III Concurso de vídeos MÓVETE POLOS ODS

Concursos e Premios

01-06-2023 ata: 30-09-2023

A Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD), convoca o III Concurso de vídeos "MÓVETE POLOS ODS" co obxectivo de dar a coñecer os Obxectivos de Desenvolvemento sostible (ODS) de Nacións Unidas e sensibilizar á comunidade universitaria, e á sociedade en xeral, sobre a importancia de que todas as persoas formemos parte da solución aos grandes retos mundiais sobre a desigualdade, o cambio climático, a perda da biodiversidade, etc...

O dito Concurso está aberto a vídeos de 1 min de duración en formato mp4, coa temática de como se pode contribuír individualmente á consecución dalgunha das 169 metas nas que se materializan estes obxectivos.

Consulta os ODS e as súas metas premendo aquÍ.

Poderán presentarse ao certame de maneira individual ou en grupo, todo o alumnado matriculado nas universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña.

Os premios para os videos máis votados en Youtube consistirán nunha dotación económica de:

1º Premio ao vídeo máis votado en youtube: 550 €

2º Premio ao segundo vídeo máis votado en youtube: 350 €

3º Premio ao terceiro vídeo máis votado en youtube: 200 €

Premio á innovación: 400 €

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto dende o día seguinte á publicación desta convocatoria ate o 30 de setembro de 2023.

Bases do concurso:

Máis información en:

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1152

direc.equidade@uvigo.es