Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Apertura de preinscrición no curso Introdución á estatística co programa R

Formación de Profesorado

05-06-2023 ata: 05-06-2023

Comunicámoslle que o  luns 5 de xuño ás 12 horas abrirase o prazo de preinscrición no curso Introdución á estatística co programa R do Programa de Formación Permanente do Profesorado.
Trátase dun curso de 20 horas que se desenvolverá en modalidade virtual asíncrona.
Este curso trata sobre a competencia do profesorado universitario de investigación sobre a súa práctica docente.

Calendario:
Levarase a cabo do 15 de setembro ao 15 de outubro.

Pode ler o programa do curso aquí. Na devandita ligazón poderase preinscribir unha vez aberto o prazo.

Importante:
Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”
Pode consultar máis información na seguinte ligazón.