Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Xornadas de portas abertas nas instalacións deportivas.

Deporte e benestar

18-05-2023 ata: 31-05-2023

Ata o 31 de maio todas aquelas persoas da comunidade universitaria que o desexen, poderán asistir de balde ás actividades dirixidas e ás salas cardio fitness, nos tres campus e sen límite de usos. Con esta iniciativa de portas abertas, a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo pretende que alumnado, PDI e PAS poida coñecer, de balde e sen compromiso, tanto as instalacións xestionadas pola UVigo como as actividades deportivas que se desenvolven nos tres campus e que forman parte do Abono Muver.

Trátase  de aproveitar o bo tempo e a época de exames para facer un pouco de exercicio, que é o mellor xeito  de levar a presión dos exames e de equilibrar corpo e mente. Así, ata o 31 deste mes, calquera membro da comunidade universitaria poderá coñecer as instalacións e participar nas actividades dirixidas de balde como ioga, CORE, cross training, jiu jitsu e adestramento funcional no campus de Vigo; hiit, pilates, volei, baloncesto e bádminton en Pontevedra; e body pump, ciclo indoor, benestar Integral e ioga en Ourense. 

Toda a información no seguinte enlace: https://acortar.link/yPsbHI