Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Convocatoria de bolsas para estudos en países extracomunitarios

Bolsas e axudas

18-05-2023 ata: 31-07-2024

Está publicada a convocatoria de bolsas en países extracomunitarios. 

As bases da convocatoria, os anexos e o formulario de solicitude pódense consultar no portal de bolsas:

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1130

O alumnado interesado deberá presentar unha proposta de estudos asinada por el/ela e pola persoa responsable no seu centro: https://www.uvigo.gal/estudar/mobilidade/responsables-mobilidade 

As estadías realizaranse no segundo cuadrimestre do curso 2023-24.

Como novidade nesta convocatoria, ademais da dotación aportada pola Universidade de Vigo, algunhas das prazas poderan ser financiadas polo programa Erasmus+. O alumnado deberá consultar a oferta de prazas (anexo III da convocatoria).

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 5 de xuño de 2023. 

Saúdos,