Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Aviso do primeiro prazo de solicitude de Bibliografía de investigación

Biblioteca

16-05-2023 ata: 31-05-2023

Bo día,

Lembrámoslles que o vindeiro 31 de maio remata o prazo para ter comprometido ou gastado o 50% da asignación que a Biblioteca Universitaria distribúe dos seus orzamentos para a compra de libros de investigación.  O segundo prazo rematará o 30 de setembro.  As solicitudes pódense facer a través do formulario de solicitude de bibliografía de investigación que se atopa na páxina web da Biblioteca. Recordámoslle tamén que existe un formulario de solicitude de bibliografía recomendada que  poden cubrir e enviar se detectan que algún dos títulos recomendados nas guías docentes non se atopa no catálogo da biblioteca ou precisa da compra de máis exemplares.

Grazas pola colaboración,

Sección de Adquisicións
Campus Lagoas-Marcosende
36310 Vigo
Teléfono 986-813846
e-mail: xsadqui@uvigo.gal