Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Modificación de data. Convocatoria Xunta de Galicia proxectos de cooperación ao desevolvemento
Información ao PDI
08-05-2023 ata: 31-12-2023Prezados membros da comunidade universitaria:
En relación coa comunicación enviada o 5 de maio sobre a nova convocatoria 2023 da Xunta de Galicia de subvencións para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior publicada no DOG do día 2 de maio, procédese a correxir o seguinte erro:
a data límite para manifestar o interese de participar nesta convocatoria é o 15 de maio(e non o 15 de abril).
Moitas grazas.
............................
Achegamos desde a Oficina de Proxectos Internacionais (OPI) información sobre a nova convocatoria 2023 da Xunta de Galicia de subvencións para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior publicada no DOG do día 2 de maio.
Pódense consultar as bases, guías e formularios da convocatoria nos seguintes enlaces:
https://cooperacion.xunta.gal/gl/convocatorias/proxectos-no-exterior-2023
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230502/AnuncioV0654-190423-0002_gl.html
Nesta convocatoria é posible presentar un máximo de 2 proxectos por departamento, por universidade, polo que de cara a realizar unha selección preliminar é preciso remitir á manifestación de interese á OPI, ao e-mail: opi.edu1@uvigo.es, antes do día 15 de maio ás 14.00 horas, enviando nome da persoa que coordinará o proxecto, CV abreviado, título do proxecto, país no que se executarán as actividades, así como nome e apelidos do profesorado implicado e os departamento de adscrición.
A presentación da solicitude completa na OPI, na área de proxectos internacionais de educación: opi.edu1@uvigo.es, realizarase antes do día 29 de maio ás 23:59 horas.
Esperamos que esta información sexa do seu interese.
Eva Garea Oya.
Directora de Área de Proxectos Internacionais de Educación.
Oficina de Proxectos Internacionais.
Universidade de Vigo.
- opi@uvigo.gal
- +34 986 130 287