Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Semana Galega da Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento

Seminarios e conferencias

09-05-2023 ata: 11-05-2023

Rede Galega de Cooperación Universitaria, integrada polas universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, organiza a Semana Galega da Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento. As xornadas terán presenza nos campus das tres universidades galegas e poderán seguirse en liña.

  • Xornada 1 : Alianzas
    9 de maio de 2023
    Universidade de Vigo
    Sala 1, Edificio Miralles, Campus de Vigo
  •  
  • Xornada 2: A Universidade creando conciencia
    10 de maio de 2023
    Universidade de Santiago de Compostela
    Campus Sur
  •  
  • Xornada 3: As persoas
    11 de maio de 2023
    Universidade da Coruña
    Campus Elviña

Obxectivo

Nestas xornadas achegarémonos ao fenómeno da cooperación universitaria ao desenvolvemento establecendo un foro de diálogo e de reflexión entre os principais actores da cooperación en torno á cooperación universitaria ao desenvolvemento, co obxecto de reforzar o papel das universidades públicas como axentes de cooperación e de crear sinerxías conxuntas que xeren un efecto multiplicador das accións de cooperación no marco da Axenda 2030.

As xornadas articúlanse en torno a relatorios, mesas redondas, paneles de experiencias e presentacións de pósteres. 

Mais información, programas  e inscrición:

https://www.uvigo.gal/universidade/conecenos/responsabilidade-social/novas/semana-galega-cooperacion-universitaria-ao-desenvolvemento-2023