Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Xornada informativa europea programa CERV: convocatoria 2023 de proxectos Citizens engagement and participation,

Información ao PDI

13-02-2023 ata: 05-09-2023

Prezado persoal investigador e docente:

O próximo 20 de abril, de 9:00 a 13:00 horas, a Unión Europea organiza unha xornada informativa do programa europeo CERV- Citizens, Equality, Rights and Values  (Cidadanía, Igualdade, Dereitos e Valores) e, en concreto, da convocatoria de propostas 2023: Citizens’ engagement and participation, que ofrece oportunidades de financiamento en materia de democracia, compromiso da cidadanía, acción climática, solidariedade, loita contra a desinformación, alfabetización mediática e outras prioridades (orzamento de 25,4 millóns de euros).

Esta convocatoria inclúe as seguintes temáticas:
1. promover a participación democrática a través do debate sobre o futuro de Europa.
2. Involucrar a cidadanía e comunidades en debates e accións relacionadas co noso clima e medio ambiente.
3. Involucrar a cidadanía e comunidades en debates e accións relacionadas coa solidariedade.
4. Contrarrestar a desinformación e outras formas de interferencia no debate democrático e promover a alfabetización mediática.

As entidades solicitantes poderán abordar outras prioridades nos ámbitos de acción da Unión Europea sempre que se axusten ao obxectivo da convocatoria de promover o compromiso e a participación da cidadanía.

Toda a información sobre esta xornada, incluído o rexistro á sesión (ata o día 14 de abril, 00:00 CEST) está dispoñible en: https://www.eacea.ec.europa.eu/news-events/events/online-info-session-call-proposals-foster-citizens-engagement-and-participation-civ23-cerv-civil-2023-04-20_en

Nesta sesión proporcionaranse detalles sobre as oportunidades de financiamento, incluídos os obxectivos da convocatoria, os criterios de elixibilidade e o proceso de solicitude. O prazo de presentación de propostas estará aberto ata o 5 de setembro.

As bases da convocatoria están dispoñibles en: https://ec.europa.eu/info/funding-tenders/opportunities/docs/2021-2027/cerv/wp-call/2023/call-fiche_cerv-2023-citizens-civ_en.pdf

Esperamos que esta información da nova convocatoria CERV e esta sesión informativa da UE sexa do seu interese. 

No caso de desexar presentar un proxecto CERV, por favor, contacte coa O?cina de Proxectos Internacionais da UVigo en: dir.edu.opi@uvigo.es.

Eva Garea Oya.
Directora de Área de Proxectos Internacionais de Educación.
Oficina de Proxectos Internacionais.
Universidade de Vigo.