Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
VIII Xornada Universitaria Galega en Xénero. Epistemoloxías feministas en acción
Vigo, 09 de xuño de 2023. Edificio Redeiras (Berbés). Universidade de Vigo
PRESENTACIÓN:
Nesta oitava edición centrámonos en reflexionar sobre a orixe e evolución da orde política patriarcal e o seu impacto na andamiaxe cultural, institucional e cognitiva da nosa sociedade e das nosas universidades. Nestas xornadas preténdese reexionar, dende unha mirada crítica feminista, sobre o actual contexto multicrise (guerra en Europa, crise medioambiental, feminización global da pobreza, crise nancieira, etc) e o impacto que está a xerar na violencia de xénero e machista, na ciencia e na academia e tamén nos contidos docentes universitarios.
ÁREAS TEMÁTICAS:
A presentación de propostas será a través do envío do formulario de comunicación (ver web https://xugex.gal/es/inicio_es/) aos seguintes enderezos electrónicos, dependendo da área temática.
-Violencias contra as mulleres (ocina.igualdade@udc.gal)
-Mulleres, ciencia e investigación (igualdade@uvigo.es)
-Perspectiva de xénero na docencia universitaria (oix@usc.gal)
As comunicacións presentaranse en sesións poster, agrupadas por áreas temáticas.
Prazo límite para presentar propostas de comunicación: 28 de abril de 2023.
- VIII Xornada Universitaria Galega en Xénero (XUGEX) [749.65 Kbytes]
- igualdade@uvigo.gal
- +34 986 813 419