Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Convocatoria de prazas e axudas de aloxamento nas residencias de estudantes da UVIGO 2015-2016

Bolsas e axudas

09-06-2015 ata: 03-07-2015

Con data do 9 de xuño de 2015 publícase a Resolución Reitoral pola que se convocan prazas e axudas de aloxamento nas residencias de estudantes da Universidade de Vigo para o curso 2015-2016.

Prazo presentación de solicitudes: dende o 10 de xuño ao 3 de xullo de 2015.

As solicitudes deberán ser cubertas no modelo que aparece na seguinte páxina web: http://seix.uvigo.es

Unha vez cuberta, deberá ser asinada pola persoa solicitante e demais membros da unidade familiar e presentarse, xunto coa documentación requirida, nalgún dos rexistros da Universidade de Vigo ou en calquera dependencia prevista na Lei 30/1992.